A Colleita, 34
Primeiros textos traducidos ao galego de Rabindranath Tagore. Foi publicado na revista "A Nosa Terra", no número 38, o 30 de novembro de 1917, na sección "Contos alleos", xunto ao poema "O mestre e as xoyas", que se corresponde co número 12 do mesmo libro, "A colleita". Aínda que non aparece citado o tradutor, trátase de Vicente Risco. Aparece por primeira vez co título "O desterro". Ao ano seguinte, o 30 de maio de 1918, no nº 26 da mesma publicación, "A nosa terra", aparece traducido, de novo, pero con múltiples variantes, e titulado "O santo Narottam". Recollemos as dúas versións.
O DESTERRO
-"Maxestade,- dixo o súbdito ô rei- o santo Norottam endexamáis dignóuse entrar no teu tempro, e cantando anda gavanzas a Deus, baixo das albres nos camiños reás.
Noso tempro atópase deserto.
Os feles prefiren axuntárense ô seu redor com´as avellas ô redor do branco loto, desprezando o dourado cális de mel."
O rei cô corazón tristeiro foise xunto de Norottam qu´istaba sentado sobor da herba, e díxolle:
-"Pai, ¿por qué deixas meu tempro de cúpulas d´ouro, e séntaste no chan a perdicar o amor de Deus?"
-"Porque Deus non háchase no teu tempro- repricoulle-o Santo.”
"O rei frunceu o ceño, dixo: - "¿Non sabes qu´enfaguer isa maravilla d´arte gastáronse vinte millós, e que foi consagrado á Deus en meio de suntuosos rituaes?
-"Si, ben-o sei,- repricóu Norottam-. Foi n- aquil ano en que milleiros de teus súbditos cuios seus lares foran queimados, improraban inútilmente tua misericordia âs portas do teu tempro. E Deus dixo: N´é posible qu´istos desleigados que non saben socorreré á seus irmáns, sexan os que fagan a miña casa… I-elixéu o seu posto entr´os desamparados nos camiños reás, â soma das albres.”
O Rei berróu encabuxado: -"¡Vaite da miña terra!"
Tranquilamente o santo respondéu: -"Sí, fas ben, destérrame á onde desterrache meu Deus."
(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 38, 30 de novembro de 1917) 1ª versión
**************
"Señor, o santo Narottam nunca dígnase vir ô teu tempro real", dixo ô Rei seu servo: "Si foras â alboreda do camiño, ollarías a xente atropellarse pra ouvirlle cantar as gabanzas de Deus, como enxame d´abellas orredor d´un loto branco. ¡E o tempro, entramentras, háchase valeiro, sin servizo o dourado tarro de mel!"
O Rei magoado no seu corazón, foise ô campo onde Narottam ouraba sentado na herba, e díxolle: "Pai, ¿por qué te sentas no polvo do campo, pra predicar o amor de Deus, e non vas ô meu tempro da cúpula d´ouro?"
"Porque Deus non s´hacha no teu tempro", respondéu Narottam.
"O Rei, ceñudo, dixo: "¿Non sabes que se gastaron vinte millós d´ouro en erguel-a maravela; que foi consagrado côs mais costosos ritos?"
"Si", contestóu Narottam, "seino. Foi n- aquel ano en qu´o fogo abafóu ô teu pobo; e milleiras de probes viñeron en vano a pedir â túa porta. Decía Deus: "¡Miserabre ser que non pode donar casa ôs seus irmáns, e quer erguel- a miña!" E foise côs desvalidos, baixo os álbores do camiño.
"Isa pompa d´ouro que ti dis, non ten dentro mais qu´o vafo quente do teu orgulo."
Cheo de carraxe, o Rei berróulle: "¡Vaite do meu reino!"
O Santo respondéulle tranquilo: "Si, destérrasme a onde desterraches ô meu Deus."
(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 56, 30 de maio de 1918) 2ª versión
[Tienes que estar registrado y conectado para ver este vínculo]
Hoy a las 10:41 por cecilia gargantini
» SOBRE A AMAZONIA
Hoy a las 10:28 por cecilia gargantini
» POESÍA INUI (Esquimal) // OTROS PUEBLOAS NATIVOS
Hoy a las 10:25 por cecilia gargantini
» POETAS LATINOAMERICANOS
Hoy a las 09:56 por Maria Lua
» POESÍA ÁRABE
Hoy a las 09:52 por Maria Lua
» LITERATURA AFRICANA - POESÍA AFRICANA
Hoy a las 09:45 por Maria Lua
» Metáfora. Poemas sobre cuadros. Diego Rivera. Hombre cargando alcatraces (1944)
Hoy a las 03:07 por Pedro Casas Serra
» 2014-05-31 ADJETIVOS
Hoy a las 03:01 por Pedro Casas Serra
» NO A LA GUERRA 3
Hoy a las 02:42 por Pedro Casas Serra
» XI. SONETOS POETAS ESPAÑOLES SIGLO XX (VI)
Hoy a las 00:50 por Pascual Lopez Sanchez